10
Setembro
TERMALISMO DO IMSERSO
O CONCELLO DE VIVEIRO OFRECE ASESORAMENTO PARA INSCRIBIRSE NO PROGRAMA DE TERMALISMO DO IMSERSO
Viveiro, 9 de setembro de 2021. Dende a Concellería de Benestar Social do Concello de Viveiro lémbrase a toda a veciñanza que está aberto o prazo para participar no Programa de Termalismo do IMSERSO ata o vindeiro 1 de outubro de 2021. O Departamento de Servizos Sociais do Concello de Viveiro ofrecerá asesoramento e axuda para realizar a solicitude no programa.
O Programa de Termalismo proporciona o acceso aos tratamentos termais, contribuíndo con iso a mellorar a calidade de vida das persoas maiores, así como a promoción do envellecemento activo, a mellora da saúde e a prevención da dependencia.
Os programas cofináncianse polo usuario e polo IMSERSO. A achega do IMSERSO poderá oscilar entre o 20% o 50% do custo do servizo, atendendo aos tipos de tempadas e quendas.
REQUISITOS DE PARTICIPACIÓN:
- Ser pensionista de xubilación ou incapacidade permanente do Sistema de Seguridade Social español.
- Ser pensionista de viuvez con cincuenta e cinco ou máis anos de idade do Sistema de Seguridade Social español.
- Ser pensionista por outros conceptos ou perceptor de prestacións ou subsidios de desemprego, con sesenta ou máis anos de idade do Sistema de Seguridade Social español.
- Ser persoa asegurada ou beneficiaria do Sistema da Seguridade Social español, con sesenta e cinco ou máis anos de idade.
- Igualmente, poderán participar nos programas as persoas de nacionalidade española, que residan no estranxeiro, sempre que perciban unha pensión do Sistema de Seguridade Social español e conten coa idade esixida.
- Tamén poderán ser persoas adxudicatarias das prazas, como acompañante, o cónxuxe ou, no seu caso, a parella de feito ou persoa coa que se constitúe unha unión estable e de convivencia con análoga relación de afectividade á conxugal, sen necesidade de que estes reúnan algún dos requisitos esixidos.
- Así mesmo, poderán ser persoas adxudicatarias de praza, os/ as fillos/ as con discapacidade, en grao igual ou superior ao 45 por cento, sempre que a quenda desfrútena cos seus pais e alóxense na mesma habitación.
PRESENTACIÓN DE SOLICITUDES:
Para a presentación destas novas solicitudes disponse dos seguintes medios:
Pola súa sinxeleza, rapidez e seguridade, recoméndase a presentación de novas solicitudes de forma telemática a través da sede electrónica do Imserso. Descargando da páxina web do Imserso ou na sede electrónica do Imserso o modelo de solicitude de participación para a tempada 2021-2022.
No Departamento de Servizos Sociais do Concello de Viveiro ubicado nos Claustros de San Francisco, mediante cita previa solicitada a través do seguinte teléfono de contacto: 982550421. Dende este Departamento axudarase aos veciños e veciñas que así o precisen a cubrir o formulario ou a resolver as dúbidas que teñan a este respecto.
Para mais información recoméndase consultar as seguintes páxinas web de interese:
- https://www.boe.es/boe/dias/2015/08/10/pdfs/BOE-A-2015-8941.pdf
- https://www.boe.es/boe/dias/2021/08/31/pdfs/BOE-A-2021-14314.pdf
- https://www.imserso.es/imserso_01/envejecimiento_activo/termalismo/descarga_documentos/index.htm
Saúdos,
Comunicación Concello de Viveiro