27
Setembro
TRABALLADORES DE VESTAS
FRONTE COMÚN DOS ALCALDES E ALCALDESAS DA MARIÑA E ORTEGAL COS TRABALLADORES DE VESTAS PARA ESIXIR A CONTINUIDADE DA FÁBRICA E FREAR O DESMANTELAMENTO INDUSTRIAL
Viveiro, 25 de setembro de 2021. O Concello de Viveiro Viveiro, 25 de setembro de 2021. O Concello de Viveiro acolleu unha reunión na que os alcaldes e alcaldesas das comarcas da Mariña e Ortegal fixeron un fronte común co comité de empresa de Vestas ante o repentino anuncio de peche da fábrica.
A reunión, convocada pola alcaldesa de Viveiro, María Loureiro, supuxo o punto de partida para varias iniciativas que os concellos impulsarán nos próximos días, con mocións municipais e a solicitude de que todas as administracións traballen xuntas neste tema.
A fábrica de Vestas en Viveiro conta cun persoal moi cualificado e unhas instalacións modernas, polo que os alcaldes e alcaldesas demandan alternativas de emprego e actividade no caso de que empresa non cambie de postura.
“Ademais do problema de Vestas, falamos do desmantelamento industrial que sufrimos desde hai anos, con outros casos como os de Alcoa; A Mariña e Ortegal necesitan un plan no que todas as administracións estén implicadas para frear esta tendencia e reindustralizar as nosas comarcas”, afirma a alcaldesa de Viveiro.
Saúdos, Comunicación do Concello de Viveiro