12
Marzo
TRABALLOS E MULLERES
O CONCELLO DE VIVEIRO PRESENTA O CONCURSO “TRABALLOS E MULLERES” NO MARCO DA PROGRAMACIÓN DO DÍA DA MULLER
Viveiro, 12 de marzo de 2021. Viveiro continúa coas actividades con motivo do Día Internacional da Muller. O concurso de fotografía "Traballos e Mulleres" diríxese a fotógrafos/as aficionados que deberán presentar fotografías sobre a temática da muller e do traballo, tanto no ámbito público como privado.
O Concello de Viveiro pretende con este concurso visibilizar o papel feminino en todos os sectores da sociedade.
Concederanse tres premios, de 300, 150 e 100 euros, ademais dun galardón á obra máis votada polo público de 100 euros.
Os participantes xa poden compartir as súas imaxes. As persoas interesadas deben dirixirse á web https://fotografia.traballosemulleres.com/ cubrir o formulario cos seus datos e subir a fotografía coa que desexen participar. Na web tamén se atopan as bases deste certame.
Saúdos,
Comunicación Concello de Viveiro