23
Febreiro
TRABALLOS E MULLERES
O CONCELLO DE VIVEIRO PRESENTA A OITAVA EDICIÓN DO CONCURSO “TRABALLOS E MULLERES” NO MARCO DA PROGRAMACIÓN DO DÍA DA MULLER
Viveiro, 22 de febreiro de 2023. O Concello de Viveiro e o Centro de Información ás Mulleres (CIM) convocan a VIII edición do Concurso de Fotografía Amateur “Traballos e Mulleres” para conmemorar o Día Internacional da Muller Traballadora, que se celebra o vindeiro 8 de marzo.
A convocatoria está aberta a fotógrafos/as afeccionados, non profesionais, maiores de idade.
As obras deberán ser orixinais sempre co tema da Muller e o Traballo en calquera ámbito para visibilizar do papel feminino en todos os sectores da nosa sociedade.
O prazo de recepción de orixinais no CIM finalizará o día 3 de marzo.
Con motivo do Dia Internacional da Muller Traballadora o Concello montará unha Exposición con todas as obras presentadas e na súa clausura darase a coñecer a obra gañadora, que recibirá un premio de 300 euros. O segundo clasificado recibirá 150 €, o terceiro 100€, e haberá ademais un premio especial do público para a obra más votada dotado de 100€.
Para máis información, os interesados deben dirixirse ao CIM Viveiro no email cime@viveiro.es ou a través do teléfono 982 88 84 19.
As persoas interesadas deben entrar na web do Concello (www.viveiro.es) onde atoparán publicadas a resolución e as bases do concurso: https://bit.ly/41fMhZH
Saúdos, Comunicación Concello de Viveiro