TRABALLOS NO PARQUE PERNAS PEÓN

TRABALLOS NO PARQUE PERNAS PEÓN

A CONCELLERÍA DE OBRAS DE VIVEIRO DESTACA QUE OS TRABALLOS NO PARQUE PERNAS PEÓN "AVANZAN A BO RITMO CON NOVAS PLANTACIÓNS DE ÁRBORES"

Viveiro, 10 de setembro de 2024. As Concellerías de Obras e Medioambiente do Concello de Viveiro informan de que os traballos no Parque Pernas Peón "avanzan a bo ritmo con novas plantacións de árbores, grazas á subvención de 105.897,25€ de fondos europeos recibida".

A tenenta de alcaldesa de Viveiro e concelleira responsable destas áreas, Míriam Bermúdez, explica que estas actuación "teñen como principal obxectivo mellorar a accesibilidade e naturalizar o parque, transformándoo nun espazo máis integrado coa contorna natural da praia de Covas".

"Un aspecto clave deste proxecto é a nova plantación de árbores, arbustos e vivaces que se realizará para incrementar a biodiversidade", destaca Bermúdez. "Non só buscamos embelecer o parque, senón tamén facer un uso sostible dos recursos naturais, creando un espazo verde máis aberto e accesible", engade.

A plantación de árbores incluíe ás seguintes especies, todas elas con troncos de entre 12 e 16 centímetros de diámetro: nove liquidambar styraciflua, unha fraxinus ornus, unha tipuana tipu, unha acer rubrum, unha erytrina crista-galli e unha Sorbus aucuparia. Ademais, plantaranse un total de 155 arbustos e 441 vivaces.

"Taláronse exclusivamente árbores enfermas e en mal estado ao representar un risco para a seguridade e o bo desenvolvemento do proxecto, unha medida necesaria para garantir a saúde do ecosistema", apunta a tenenta de alcaldesa.

As obras tamén incluíron a eliminación de tocos e a retirada dunha parte do muro que delimita a zona norte do parque, mellorando o acceso cara á praia de Covas.

A creación dun paso de peóns elevado, a pavimentación dos accesos ao restaurante e aseos públicos e a construción dunha beirarrúa de 3 metros de ancho forman tamén parte das melloras, que permitirán unha mellor accesibilidade no parque.

Bermúdez subliñou que “a nova beirarrúa mellorará considerablemente a accesibilidade, permitindo que todas as persoas poidan desfrutar deste espazo público sen limitacións de ningún tipo”.

"Estas actuacións, financiadas nun 90% polos fondos do Mecanismo de Recuperación e Resiliencia da Unión Europea, seguen en tempo e forma, permitindo finalizar as obras conforme ao prazo previsto e convertendo o Parque Pernas Peón nun espazo máis natural, accesible e diversificado", conclúe.

 

Saúdos, Comunicación Concello de Viveiro

Uso de cookies
Utilizamos cookies propias y de terceros para mejorar nuestros servicios y mostrarle publicidad relacionada con sus preferencias mediante el análisis de sus hábitos de navegación. Si continúa navegando, consideramos que acepta su uso. Puede obtener más información, o bien conocer cómo cambiar la configuración, en nuestra Política de cookies

continuar