TRAVESÍA DA IGREXA DE COVAS

TRAVESÍA DA IGREXA DE COVAS

O CONCELLO DE VIVEIRO REALIZA OBRAS DE MELLORA NA TRAVESÍA DA IGREXA DE COVAS

Viveiro, 2 de abril de 2022. Dende o goberno municipal infórmase que se están a executar as obras de reposición da urbanización e mellora dos servizos urbanos existentes na travesía da Igrexa, Covas, Viveiro.

 

O obxectivo desta actuación é repoñer a pavimentación da vía en toda a súa lonxitude e mellorar os servizos urbanos existente, realizando unha reestruturación integral dos mesmos para garantir a súa funcionalidade.

 

As obras que se están realizando consisten na reposición do vello pavimento de lousa existente, substituíndoo por un pavimento con pedra en todo o fronte da Igrexa; na reposición rede de pluviais, na canalización de alumeado público e na reposición de escaleiras existentes, saneado de muro de pedra existente e dotación de novas barandas.

 

Esta actuación está financiada pola Deputación Provincial de Lugo, cunha achega de 57.904,67 euros, dentro do Plan Único de Cooperación cos Concellos 2021.

 

Infórmase, asemade, que este proxecto inicial se vai ampliar tras as xestións realizadas coa Igrexa, logrando a cesión a este concello dun espazo duns 50m2 da súa titularidade para integralo dentro desta vía e mellorar as condicións de accesibilidade e visuais da zona.

 

Saúdos,

Comunicación Concello de Viveiro

 

  • Máis fotografías

  • Uso de cookies
    Utilizamos cookies propias y de terceros para mejorar nuestros servicios y mostrarle publicidad relacionada con sus preferencias mediante el análisis de sus hábitos de navegación. Si continúa navegando, consideramos que acepta su uso. Puede obtener más información, o bien conocer cómo cambiar la configuración, en nuestra Política de cookies

    continuar