UCRAÍNA

UCRAÍNA

O CONCELLO DE VIVEIRO COOPERARÁ ACOLLENDO A PERSOAS UCRAÍNAS E HABILITARÁ RECOLLIDAS DE PRODUTOS DE PRIMEIRA NECESIDADE

Viveiro, 4 de marzo de 2022. O Concello de Viveiro manifestou á Federación Galega de Municipios e Provincias a súa dispoñibilidade para a acollida de refuxiados/as ucraínos/as, poñendo á súa disposición unha vivenda e axuda humanitaria. Así, o goberno local habilitará tres puntos de recollida de doazóns no municipio.


 

Dende o Concello de Viveiro, remitiuse á FEGAMP a información solicitada manifestando, neste sentido, a intención de cooperar no acollemento de familias procedentes de Ucraína. Ademais, o Concello de Viveiro remitiu un escrito á Federación de Santo Domingo, solicitando que se facilite o uso do Convento de Valdeflores, actualmente en desuso, para a acollida de familias ucraínas. Unha solicitude da que tamén está informada a FEGAMP.


 

Noutras ocasións, o Concello de Viveiro solicita o uso do albergue de Area á consellería de Benestar Social. Porén, nesta situación non se propuxo dita instalación, xa que na última solicitude deste edificio contestárase facendo referencia ás obras que se realizarían no albergue.


 

Doutra banda, habilitaranse tres puntos de recollida de roupa de abrigo e produtos para bebés (biberóns, leite infantil, alimentación, produtos de hixiene...) para doar, que se instalarán no Centro Social de Covas, na Casa do Forno de Celeiro e no Centro de Servizos Sociais.


 

Na Casa do Forno de Celeiro poderán levarse de luns a venres, de 10:00 a 14:00 horas e de 16:00 a 22:00 horas. No Centro Social de Covas poderán levarse de luns a venres, de 15:30 a 20:30 horas, e os domingos de 15:30 a 19:30 horas. No Centro de Servizos Sociais poderán levarse de luns a venres, de 8:00 a 20:00 horas.


 

O prazo para doar produtos será dende o próximo luns 7 de marzo ata o domingo 13 do mesmo mes.

No correo electrónico enviado pola Fegamp explicábase que dende a Xunta de Galicia, tras unha petición inicial de colaboración da Secretaría de Estado de Migraciones do Ministerio de Inclusión Social, Seguridad Social y Migraciones, solicitaron a axuda da Fegamp e dos concellos galegos para a acollida de familias procedentes de Ucraína, remitindo os formularios a cubrir coa información referida á axuda que se podería prestar. Deste modo, o Concello de Viveiro xa remitiu a información solicitada.


 


 

Saúdos,

Comunicación Concello de Viveiro

 

Uso de cookies
Utilizamos cookies propias y de terceros para mejorar nuestros servicios y mostrarle publicidad relacionada con sus preferencias mediante el análisis de sus hábitos de navegación. Si continúa navegando, consideramos que acepta su uso. Puede obtener más información, o bien conocer cómo cambiar la configuración, en nuestra Política de cookies

continuar