ÚNETE AO RETO

ÚNETE AO RETO

O CONCELLO DE VIVEIRO RECIBE NA ENTREGA DE PREMIOS DE “v” OS 2.000 EUROS PARA DOAR A ASPANANE

Viveiro, 14 de maio de 2021. O Concello de Viveiro, representado por Suso Fernández Fernández, primeiro tenente de alcaldesa, e Mª Antonia Prieto González, técnica de medioambiente, recolleu esta mañá o premio por superar a campaña “Únete ao Reto”. Nun acto en Sanxenxo, os representantes locais recolleron a correspondente acreditación dos 2.000 euros que recibirá Viveiro para doar a unha causa social local, que neste caso será ASPANANE.  
A iniciativa estaba organizada por Ecoembes e a Xunta de Galicia, co obxectivo de mellorar a reciclaxe no colector amarelo e sensibilizar á cidadanía sobre a importancia de facelo correctamente. Durante tres meses, os concellos participantes debían asumir o reto de mellorar a súa achega de envases lixeiros ao contedor amarelo, como latas, briks e enases de plástico. 
Viveiro conseguiu superar o 10% de mellora esixida respecto ao ano anterior, por iso foille concedido o premio para destinar a unha causa social local, escollendo no seu caso Aspanane. 
Dende o goberno local agradécese o traballo da técnica municipal de medioambiente, Mª Antonia Prieto González, quen estivo presente na entrega do premio, xa que a súa dedicación e empeño nestes meses permitiron a consecución deste recoñecemento para o municipio. 
 
Saúdos, 
Comunicación do Concello de Viveiro
  • Máis fotografías

  • Uso de cookies
    Utilizamos cookies propias y de terceros para mejorar nuestros servicios y mostrarle publicidad relacionada con sus preferencias mediante el análisis de sus hábitos de navegación. Si continúa navegando, consideramos que acepta su uso. Puede obtener más información, o bien conocer cómo cambiar la configuración, en nuestra Política de cookies

    continuar