27
Setembro
VESTAS
O CONCELLO DE VIVEIRO SOLICITA UNHA REUNIÓN “URXENTE E INMINENTE” COA DIRECCIÓN DA EMPRESA VESTAS E AS ADMINISTRACIÓNS CON COMPETENCIAS INDUSTRIAIS “CANTO ANTES”
Viveiro, 27 de setembro de 2021. O Concello de Viveiro remitiu o pasado venres un escrito ao vicepresidente 2º e conselleiro de Economía, Empresa e Innovación da Xunta, Francisco Conde, solicitando a convocatoria dunha reunión urxente en relación co anuncio do peche da planta de Vestas.
Tal e como se indicaba no escrito, enténdese que esa xuntanza debe convocarse á maior brevidade posible e que nela deberían estar presentes a Consellería de Economía, Empresa e Innovación; o Ministerio de Industria; a empresa; os representantes dos traballadores e o Concello de Viveiro.
Despois da importante reunión de hoxe entre o Comité de Empresa de Vestas e a Xunta de Galicia, como autoridade laboral competente para a tramitación do ERE, urxe a celebración dunha xuntanza entre todas as partes para esixir á empresa que reconsidera a súa decisión e buscar solucións alternativas.
Saúdos, Comunicación do Concello de Viveiro