21
Setembro
VESTAS
O CONCELLO DE VIVEIRO LAMENTA O “INESPERADO ANUNCIO” DE PECHE DE VESTAS E ESIXE UN FRONTE COMÚN DE TODAS AS ADMINISTRACIÓNS PARA PEDIR Á EMPRESA UN CAMBIO DE POSTURA
Viveiro, 20 de setembro de 2021. O Concello de Viveiro coñeceu hoxe a intención da empresa Vestas de pechar a súa fábrica de Viveiro, unha decisión que suporía que 115 persoas perdan o seu traballo.
“Unha decisión inesperada, hoxe mesmo me puxen en contacto coa presidenta do comité de empresa para manter unha reunión cos representantes dos traballadores e coñecer os detalles do expediente de regulación de emprego extintivo anunciado pola compañía”, afirma María Loureiro, alcaldesa de Viveiro.
Loureiro demanda “a todas ás administracións que reaccionen e convoquen de inmediato á dirección da empresa para intentar un cambio de postura”.
“O desmantelamento industrial da comarca non para, a Alcoa únese agora este anuncio, Viveiro e A Mariña necesitan unha reindustrialización”, engade.
O concello amosa o seu total apoio aos traballadores e secundará todas as medidas que tomen nos próximos días, lembrando que "a fábrica de Vestas en Viveiro ten unhas instalacións modernas, polo que debemos atopar alternativas de actividade e emprego".
Saúdos, Comunicación do Concello de Viveiro