VESTAS

VESTAS

O CONCELLO DE VIVEIRO LAMENTA QUE O PERIODO DE CONSULTAS DO ERE DE VESTAS REMATARA SEN ACORDO

Viveiro, 9 de novembro de 2021. O Concello de Viveiro quere amosar unha vez máis o seu apoio aos raballadores de Vestas e lamenta que o período de consultas na planta de Viveiro, que afecta aos seus 115 empregados, finalizara onte sen acordo. 

Nun comunicado, o comité criticou que a multinacional danesa “non se expón en absoluto ampliar o ERE, como se recomendou na mesa industrial” que busca investidores para a fábrica.

A Xunta e o goberno deben actuar con rapidez, os traballadores denuncian a mala fe de Vestas e agora toca pechar o interese de varias empresas en continuar coa actividade da planta”, asegura María Loureiro, alcaldesa de Viveiro.

O pasado venres, día 5 de novembro, celebrouse a última reunión da mesa industrial. A Xunta identificou a nove posible investidores, aínda que tanto o Executivo galego como o Goberno central apoiaron a petición dos traballadores de que a empresa ampliase a negociación do ERE ata final de ano.

A fábrica de Vestas en Viveiro ten unhas instalacións modernas e persoal moi formado e cualificado, polo que debemos atopar alternativas de actividade e emprego”, engade Loureiro.

Saúdos, Comunicación do Concello de Viveiro

 

Uso de cookies
Utilizamos cookies propias y de terceros para mejorar nuestros servicios y mostrarle publicidad relacionada con sus preferencias mediante el análisis de sus hábitos de navegación. Si continúa navegando, consideramos que acepta su uso. Puede obtener más información, o bien conocer cómo cambiar la configuración, en nuestra Política de cookies

continuar