VESTAS

VESTAS

O CONCELLO DE VIVEIRO APOIA E COLABORA COA INICIATIVA DO TRABALLADOR DE VESTAS QUE IRÁ EN BICICLETA ATA DINAMARCA PARA PEDIR QUE NON PECHE A FÁBRICA

Viveiro, 1 de outubro de 2021. Un traballador de Vestas iniciará este domingo unha viaxe ata Dinamarca, co obxectivo de pedir na sede central da empresa que non se peche a planta de Viveiro.

O Concello de Viveiro respalda, apoia e colabora con esta iniciativa reivindicativa, así como con outras medidas de presión e a manifestación que percorrerá mañá, sábado 2 de outubro, as rúas de Viveiro.

Vestas ten en Viveiro unha plantilla cualificada e unhas instalacións modernas, o peche non ten sentido e as administracións implicadas debemos facer un fronte común para evitalo”, asegura a alcaldesa, María Loureiro.

O traballador sairá o domingo ás 10:30 horas desde a fábrica de Vestas en Chavín, onde se reunirán compañeiros de traballo e representantes do concello para desexarlle sorte e unha boa viaxe.

O Concello de Viveiro considera que non se pode permitir que unha empresa que ten beneficios, que é produtiva e que recoñece o traballo dos seus empregados e empregados da planta de Viveiro, que son un exemplo para todas as plantas que a empresa ten no resto do mundo, anuncie o seu peche.

O peche afectaría a un total de 115 empregos directos e suporía un agravamento da situación da industria e do emprego non só na Mariña, senón tamén en moitos concellos próximos da comarca de Ortegal.

 

 

Saúdos, Comunicación do Concello de Viveiro

 

Uso de cookies
Utilizamos cookies propias y de terceros para mejorar nuestros servicios y mostrarle publicidad relacionada con sus preferencias mediante el análisis de sus hábitos de navegación. Si continúa navegando, consideramos que acepta su uso. Puede obtener más información, o bien conocer cómo cambiar la configuración, en nuestra Política de cookies

continuar