VI CONGRESO AGANTRO DE ANTROPOLOXÍA

VI CONGRESO AGANTRO DE ANTROPOLOXÍA

O CONCELLO DE VIVEIRO ACOLLE O VI CONGRESO AGANTRO DE ANTROPOLOXÍA OS DÍAS 28 E 29 DE ABRIL

Viveiro, 12 de abril de 2023. O Concello de Viveiro acolle os próximos días 28 e 29 de abril o VI Congreso Agantro baixo o epígrafe ‘Antropoloxía en Galiza e Asturies Hoxe’.

A cita, que se desenvolverá na sala multiusos da Casa do Concello, está organizada pola Asociación Galega de Antropoloxía e deseñada como un espazo de visibilización do valor desta disciplina, ao tempo que como encontro coa Asociación Asturiana de Antropoloxía e Patrimonio Etnolóxico (ASAPE).

Na primeira sesión do venres 28 celebrarase a asemblea anual, en formato híbrido, mentres que o sábado levarase a cabo, dende as 11:00 horas, un encontro coa ASAPE para compartir experiencias.

Pola tarde, con actividades xa abertas ao público, dende as 16:00 horas será o momento da benvida oficial por parte das presidentas de ambas entidades, Yolanda Cerra e Luzia Oca. Despois continuarase cun espazo de presentación de proxectos de investigación, con tres propostas de cada territorio, ‘6×6 Antropoloxía en Galiza e Asturies hoxe’, que será moderado por Iria Vázquez Silva.

Ás 18:30 horas comezará a conversa ‘(Re)activar saberes: A Antropoloxía fronte aos desafíos dos mundos posibles’, coa participación de Llorián García-Flórez (ASAPE) e Candela Morado (UPM/INCIPIT, Agrocuir), moderada por Iñigo Sáchez Fuarros.

Os interesados en acudir ao Congreso poden obter máis información, así como inscribirse antes do mércores 26 de abril, a través da web: www.agantro.org. Tamén poden resolver as dúbidas no email: agantro@gmail.com

Saúdos, Comunicación Concello de Viveiro

 

  • Máis fotografías

  • Uso de cookies
    Utilizamos cookies propias y de terceros para mejorar nuestros servicios y mostrarle publicidad relacionada con sus preferencias mediante el análisis de sus hábitos de navegación. Si continúa navegando, consideramos que acepta su uso. Puede obtener más información, o bien conocer cómo cambiar la configuración, en nuestra Política de cookies

    continuar