05
Setembro
VI EDICIÓN DOS ENCONTROS NO EO
O CONCELLO DE VIVEIRO SERÁ O ESCENARIO DO ENCONTRO ANUAL ENTRE OS PRESIDENTES DE GALICIA E ASTURIAS
“É importante para Viveiro acoller este tipo de encontros pola trascendencia que teñen, amosaremos como sempre que somos unha vila acolledora”, asegura a alcaldesa, María Loureiro
Viveiro, 5 de setembro de 2024. O Concello de Viveiro será o escenario do encontro anual entre os presidentes da Xunta de Galicia, Alfonso Rueda, e o Principado de Asturias, Adrián Barbón.
A VI edición dos ‘Encontros no Eo’, organizados por La Voz de Galicia, La Voz de Asturias e Banco Sabadell, será no Teatro Pastor Díaz o próximo 12 de setembro ás 12:00 horas. Posteriormente, servirase un almorzo frío no concello.
O encontro xirará arredor das financiacións singulares que necesitan Galicia e Asturias, do turismo e dos sectores estratéxicos: do sector primario á reindustrialización.
“Para o Concello de Viveiro, acoller este tipo de encontros é unha oportunidade máis para amosar a nosa vila e o pobo acolledor que somos”, asegura a alcaldesa, María Loureiro.
Saúdos, Comunicación Concello de Viveiro
Imaxe de arquivo dun acto no Teatro Pastor Díaz.