11
Marzo
VI PREMIO DE NOVELA VILAR PONTE
O CONCELLO DE VIVEIRO PUBLICA AS BASES DO VI PREMIO DE NOVELA VILAR PONTE
Viveiro, 11 de marzo de 2024.
O Concello de Viveiro publica as bases do VI Premio de Novela Vilar Ponte, unha cita xa tradicional dentro de axenda cultural da vila que naceu co dobre obxectivo de lembrar aos escritores Antón e Ramón Vilar Ponte e difundir a literatura en lingua galega.
Como en anos anteriores, as bases recollen que todas as obras que se presenten deben ser orixinais e inéditas, escritas en lingua galega e cunha extensión e temática libre.
Cada orixinal será presentado en catro copias en papel, sen sinatura pero con título e lema en sobre pechado.
O prazo de presentación acabará o próximo 1 de xullo e o lugar para enviar os orixinais será o Concello de Viveiro, facendo constar no exterior “Para VI Premio de Novela Vilar Ponte”.
Establécense dous premios: un primeiro dunha contía de 4.000 euros e un segundo de 1.000 euros, coas súas correspondentes pezas de cerámica e diplomas. O acto de entrega terá lugar no Teatro Pastor Díaz.