11
Novembro
VI XORNADAS DE HISTORIA E ARQUEOLOXÍA MARÍTIMA
O CONCELLO DE VIVEIRO ACOLLE ESTA FIN DE SEMANA AS VI XORNADAS DE HISTORIA E ARQUEOLOXÍA MARÍTIMA
Viveiro, 11 de novembro de 2022. O Concello de Viveiro, coa colaboración da Federación Española de Actividades Subacuáticas (Fedas), organiza as VI Xornadas Cidade de Viveiro de Historia e Arqueoloxía Marítima, que comezarán esta tarde e se prolongarán ata o domingo.
O acto comezará na tarde do día de hoxe, venres 11 de novembro, coa inauguración dunha exposición sobre os pecios que acompaña a estas sesións. Mañá comezarán as xornadas, nas que intervirán unha ducia de expertos ao longo dos dous días.
O domingo haberá espazo para coñecer, a través de dúas conferencias, as peculiaridades dos barrios pesqueiros de Viveiro e a restauración do pecio da Magdalena, exposto no Museo da Construción Naval de Ferrol.
As xornadas convertéronse xa nun punto de encontro de arqueólogos, historiadores e afeccionados.
Saúdos, Comunicación do Concello de Viveiro