VII edición de Turexpo Galicia

VII EDICIóN DE TUREXPO GALICIA

O Concello de Viveiro estará presente cun stand propio na VII edición de Turexpo Galicia: Salón Turístico de Galicia, que se celebra en Silleda do 7 ao 10 de xuño en Silleda

A presenza de Viveiro nesta feira servirá para dinamizar o seu atractivo turístico, dando a coñecer estas celebracións e os demais recursos do municipio. Viveiro contará cun stand individual no que ofrecerán folletos promocionais e información sobre o Concello e no que se instalará unha gran pantalla na que se proxectará, de forma continuada, os videos de promoción turística deste municipio e mais da Semana Santa.

Organizarase, así mesmo, unha exposición sobre a Semana Santa de Viveiro, na que se mostrarán diverso material das confrarías, e unha degustación gratuíta da pescada de Celeiro, que terá lugar o sábado 9 de xuño, ás 13:00 horas, na que se ofrecerá aos visitantes unhas 300 racións de empanada de merluza.

Para a organización e desenvolvemento destas dúas iniciativas o Concello conta coa inestimable colaboración da Xunta de Confrarías da Semana Santa de Viveiro, da Asociación Cultural e Deportiva Penalba e de Puerto de Celeiro SA.

Por outro lado, cómpre facer referencia á existencia dunha bolsa de traballo, que permitirá que os hoteis rexistrados na mesma concerten reunións cos distintos tour operadores presentes na feira, redudando positivamente no aproveitamento da mesma. Dende o Concello de Viveiro facilitouselles aos establecementos hostaleiros un listado cos tour operadores que van estar presentes e un formulario para solicitar as reunións con aqueles que máis lles interesen; ademais, o concello dispón dun workshop que pon a disposición dos establecementos hostaleiros para que poidan celebrar as súas reunións. Estas iniciativas son posibles grazas ás xestións realizadas pola Concelleira de Turismo.

Cómpre sinalar, finalmente, que ao longo destes catro días, o stand de Viveiro contará coa atención constante do persoal da oficina de turismo. A Concelleira de Turismo, Marisol Rey Yáñez, e o Tenente de Alcalde e Concelleiro de Mar, Jesús Fernández Fernández, desprazaranse a Festur o xoves e mais o sábado.

 

 

Viveiro, na data que consta á marxe

A alcaldesa

María Loureiro García

 

Uso de cookies
Utilizamos cookies propias y de terceros para mejorar nuestros servicios y mostrarle publicidad relacionada con sus preferencias mediante el análisis de sus hábitos de navegación. Si continúa navegando, consideramos que acepta su uso. Puede obtener más información, o bien conocer cómo cambiar la configuración, en nuestra Política de cookies

continuar