20
Xullo
VII FESTIVAL DE MÚSICA BAL Y GAY
VIVEIRO É ESTE ANO UN DOS CONCELLOS QUE ACOLLERÁ CONCERTOS DO VII FESTIVAL DE MÚSICA BAL Y GAY
Viveiro, 20 de xullo de 2020. A alcaldesa do Concello de Viveiro, María Loureiro García, participou hoxe en Foz na presentación do VII Festival de Música Bal y Gay, un festival de gran calidade que naceu en Foz e que este ano se amplía a outros concellos da Mariña, entre os que se inclúe Viveiro.
“Para o Concello de Viveiro é unha honra formar parte desta iniciativa, coa que se pretende achegar a música clásica a persoas de todas as idades cun cartel de artistas de primeiro nivel”, afirma Loureiro.
Esta sétima edición terá lugar entre o 12 e o 24 de agosto e a súa programación inclúe dúas actuacións no Concello de Viveiro.
O 16 de agosto, ás 18:00 horas, na Praza Maior, terá lugar o concerto de Arco Iris, co espectáculo ‘O Mundo soa’, un concerto didáctico para toda a familia que nos levará a coñecer as distintas músicas de todos os continentes do noso planeta.
O 18 de agosto, ás 20:30 horas, na Igrexa de San Francisco terá lugar o concerto do Cuarteto Cosmos con Luis Cámara (clarinete), unha oportunidade única para disfrutar da arte destes artistas de amplo recoñecemento nun marco de excepción.
Saúdos, Comunicación do Concello de Viveiro