VISITA AO CAMPAMENTO URBANO DE VERÁN

VISITA AO CAMPAMENTO URBANO DE VERÁN

A ALCALDESA DE VIVEIRO VISITA O CAMPAMENTO URBANO DE VERÁN, NO QUE PARTICIPAN 100 NENOS E NENAS

Viveiro, 2 de xullo de 2024. A alcaldesa de Viveiro, María Loureiro, visitou esta mañá o Campamento Urbano de Verán, un servizo que iniciou a súa prestación onte e se prolongará ata finais de agosto.

Un total de 100 nenos e nenas participan en cada quenda, con listas de espera para cada unha delas.

“Unha actividade para favorecer a conciliación de 100 familias de Viveiro cunha alternativa de ocio saudable durante os meses de verán”, explica María Loureiro.

O concello lembra ás familias que, tal e como establecen as bases de selección, as tres faltas de asistencia sen xustificación serán motivo de baixa na quenda correspondente, para dar a oportunidade aos nenos e nenas da lista de agarda.

 

Saúdos, Comunicación Concello de Viveiro

  • Máis fotografías

  • Uso de cookies
    Utilizamos cookies propias y de terceros para mejorar nuestros servicios y mostrarle publicidad relacionada con sus preferencias mediante el análisis de sus hábitos de navegación. Si continúa navegando, consideramos que acepta su uso. Puede obtener más información, o bien conocer cómo cambiar la configuración, en nuestra Política de cookies

    continuar