VISITAS GUIADAS CASCO HISTORICO E SOUTO DA RETORTA

VISITAS GUIADAS CASCO HISTORICO E SOUTO DA RETORTA

Dª MARIA LOUREIRO GARCÍA, ALCALDESA DO CONCELLO DE VIVEIRO (LUGO), INFORMA QUE

 

 

O Concello de Viveiro, a través da Concellaría de Turismo, está a organizar dúas visitas guiadas para coñecer o casco histórico de Viveiro e o Souto da Retorta, que terán os días 30 de abril e 6 de maio. As visitas realizaranse nun tren turístico e o punto de partida será a oficina de turismo; as  visitas ao Souto da Retorta partirán ás 17:30 horas e ás visitas ao casco histórico de Viveiro, ás 19:00 horas, tendo en ambos casos unha duración prevista de unha hora e media. O tren turístico dispón de 50 prazas e non é preciso a inscripción previa.

 

Dende o Concello de Viveiro considérase que este é unha maneira diferente e especial de descubrir algúns dos recursos máis importantes do noso municipio.

 

 

A alcaldesa

María Loureiro García

Uso de cookies
Utilizamos cookies propias y de terceros para mejorar nuestros servicios y mostrarle publicidad relacionada con sus preferencias mediante el análisis de sus hábitos de navegación. Si continúa navegando, consideramos que acepta su uso. Puede obtener más información, o bien conocer cómo cambiar la configuración, en nuestra Política de cookies

continuar