VIVEIRO COMO CONCELLO EMPRENDEDOR

VIVEIRO COMO CONCELLO EMPRENDEDOR

VIVEIRO CONVERTIRASE EN ‘CONCELLO EMPRENDEDOR’ CON BONIFICACIÓNS FISCAIS ÁS EMPRESAS QUE XEREN EMPREGO

Viveiro, 28 de outubro de 2024. O Concello de Viveiro dá un paso adiante cara ao fomento da actividade empresarial ao aprobar a súa adhesión ao programa ‘Concello Emprendedor’ promovido pola Xunta de Galicia.

A concelleira de Promoción Económica, Iria Cotelo, anunciou que esta medida será levada a pleno o vindeiro 6 de novembro, onde se presentarán as modificacións nas ordenanzas fiscais necesarias para a súa implementación.

O programa contempla rebaixas de impostos de ata un 95% para as empresas que se instalen no concello ou amplíen as súas instalacións xerando emprego.

Para elo, Viveiro modificará as ordenanzas fiscais reguladoras do IBI, o IAE e o imposto sobre Construccións, as tres taxas sobre as que se aplicarán as bonificacións. A porcentaxe de rebaixa dependerá dos postos de traballo creados pola empresa.

Cotelo destacou que “estas medidas buscan facilitar a implantación e o crecemento de iniciativas empresariais no municipio, cun claro compromiso de reactivación económica e de creación de oportunidades laborais para a nosa comunidade”.

Esta iniciativa enmárcase dentro da Lei 9/2021 de Simplificación Administrativa e de Apoio á Reactivación Económica de Galicia, que establece beneficios fiscais para fomentar o desenvolvemento económico.

O goberno local confía en que esta iniciativa sirva para reforzar o tecido empresarial local, proporcionando un marco fiscal favorable que, en última instancia, redundará no benestar económico e social de Viveiro.

 

Saúdos, Comunicación Concello de Viveiro

 

Uso de cookies
Utilizamos cookies propias y de terceros para mejorar nuestros servicios y mostrarle publicidad relacionada con sus preferencias mediante el análisis de sus hábitos de navegación. Si continúa navegando, consideramos que acepta su uso. Puede obtener más información, o bien conocer cómo cambiar la configuración, en nuestra Política de cookies

continuar