29
Xaneiro
VIVEIRO CONSOLÍDASE EN FITUR COMO UN DESTINO TURÍSTICO DE CALIDADE DURANTE TODO O ANO
O CONCELLO DE VIVEIRO CONSOLÍDASE EN FITUR COMO UN DESTINO TURÍSTICO DE CALIDADE DURANTE TODO O ANO
Viveiro, 26 de xaneiro de 2024. O Concello de Viveiro fai un balance moi satisfactorio da súa presenza en FITUR, consolidándonse como un destino de calidade durante os doce meses do ano.
“Cada ano notamos un maior interese por Viveiro, por iso é moi importante para o noso concello estar en Fitur”, asegura a alcaldesa, María Loureiro.
"Os destinos de natureza como Viveiro teñen cada vez máis demanda no sector turístico e o noso concello ofrece ademais aos visitantes un elevado patrimonio cultural e histórico, unha variada gastronomía, a Semana Santa e outros eventos xa consolidados ao longo do ano", engade a alcaldesa.
Loureiro e o concelleiro Jesús Fernández representaron a Viveiro na feira, onde mantiveron reunións "con touroperadores turísticos moi interesados na oferta de natureza e para as familias que ofrece Viveiro".
A alcaldesa participou ademais na reunión cos municipios participantes no proxecto “Spain Culinary Villages”, no que está incluído Viveiro. Este proxecto inclúe a varios municipios de España, pola calidade dos seus restaurantes e alimentos, co obxectivo de desenvolver o seu turismo gastronómico e sostible.
Hoxe pola mañá, o Concello de Viveiro mantivo unha reunión coa empresa I-Urban, que traballa no sector turístico e na intelixencia artificial.
Saúdos, Comunicación Concello de Viveiro