Viveiro será escenario o sábado do Provincial escolar de Xadrez

VIVEIRO SERá ESCENARIO O SáBADO DO PROVINCIAL ESCOLAR DE XADREZ

A COMPETICIÓN DESENVOLVERASE NO ESPAZO XOVE DESDE AS 10 DA MAÑÁ

Viveiro, 5 de maio de 2025. El Torneo Provincial Xogade 2025 de xadrez celebrarase o sábado 10 de maio, a partir das dez da mañá, no Espazo Xove de Viveiro. Organizado polo Club de Xadrez San Roque de Viveiro, en colaboración co Concello e co Espazo Xove, contará coa participación de 16 equipos.

A competición levarase a cabo en catro roldas, nas que un total de 64 rapaces e rapazas xogarán de xeito simultáneo. Mariña Gueimunde, alcaldesa de Viveiro, sinalou que «para o Concello de Viveiro sempre é unha honra recibir a deportistas na nosa vila. Neste Campionato Provincial achegarémonos a unha modalidade que promove a convivencia e a estratexia, dous valores imprescindibles da nosa mocidade».

 

Uso de cookies
Utilizamos cookies propias y de terceros para mejorar nuestros servicios y mostrarle publicidad relacionada con sus preferencias mediante el análisis de sus hábitos de navegación. Si continúa navegando, consideramos que acepta su uso. Puede obtener más información, o bien conocer cómo cambiar la configuración, en nuestra Política de cookies

continuar