26
Xaneiro
VIVEIRO SúMASE AO PROXECTO "SPAIN CULINARY VILLAGES"
Viveiro súmase ao proxecto "Spain Culinary Villages"
Viveiro, 25 de xaneiro de 2024. A alcaldesa de Viveiro, María Loureiro, participou hoxe en FITUR nunha reunión cos municipios participantes no proxecto “Spain Culinary Villages”, no que está incluído Viveiro. Este proxecto inclúe a varios municipios de España, pola calidade dos seus restaurantes e alimentos, co obxectivo de desenvolver o seu turismo gastronómico e sostible.
Concretamente, o Concello de Viveiro aporta ao proxecto o percorrido do restaurante Nito, rexentado pola familia Balseiro dende 1970. O local conta con 2 soles Repsol e foi recoñecido en Madrid Fusión como unha das seis mellores marisquesrías de España.
"A nosa gastronomía é un dos moitos atractivos da nosa vila, cunha ampla oferta culinaria de gran calidade. Pertencer a esta rede consolida a nosa posición como destino gastronómico", sinala a alcaldesa de Viveiro, María Loureiro.
Saúdos,
Comunicación Concello de Viveiro