VIVEIRO SURF ESCOLA

VIVEIRO SURF ESCOLA

O CONCELLO DE VIVEIRO FELICITA AOS INTEGRANTES DA VIVEIRO SURF ESCOLA POLA MEDALLA DE BRONCE NO CAMPIONATO DE ESPAÑA DE SURF POR AUTONOMÍAS

Viveiro, 25 de agosto de 2022. O Concello de Viveiro felicita aos catro integrantes da Viveiro Surf Escola polo seu éxito no Campionato de España de Surf por Comunidades Autónomas. Catro membros da escola viveirense representaron á selección galega nesta competición, acadando a medalla de bronce por equipos.

 

Este éxito súmase a numerosos resultados destacados da escola noutras competicións. Neste sentido, o Concello de Viveiro eloxia o traballo da escola de surf na formación de deportistas, que repercute nestes importantes resultados.

 

A competición celebrouse durante esta semana na praia da Frouxeira, en Valdoviño. Esta edición supuxo a primeira vez que a escola viveirense lograba que catro dos seus deportistas estivesen incluídos na selección galega.

 

Concretamente, da Viveiro Surf Escola participaron Uxío Rodríguez, como técnico; Lucía Martínez, en sub-16 e sub-18, Claudia Prieto, en open feminino, e Jorge Guerreiro en sub-18. Grazas á súa actuación xunto ao resto do equipo, a Selección Galega logrou o bronce neste campionato.

 

Dende o Concello de Viveiro felicitamos a esta escola non só polo seu éxito neste Campionato, senón tamén pola importante canteira de deportistas que forman. Grazas a este esforzo, Viveiro posiciónase como un referente a nivel nacional neste deporte”, asegura María Loureiro, alcaldesa de Viveiro.

 

Saúdos,

Comunicación Concello de Viveiro

 

Uso de cookies
Utilizamos cookies propias y de terceros para mejorar nuestros servicios y mostrarle publicidad relacionada con sus preferencias mediante el análisis de sus hábitos de navegación. Si continúa navegando, consideramos que acepta su uso. Puede obtener más información, o bien conocer cómo cambiar la configuración, en nuestra Política de cookies

continuar