VIVEIROBIKE XTREME - CAMPIONATO GALEGO DE BTT-MARATÓN

VIVEIROBIKE XTREME - CAMPIONATO GALEGO DE BTT-MARATÓN

O CONCELLO DE VIVEIRO ACOLLE ESTE SÁBADO A “VIVEIROBIKE XTREME - CAMPIONATO GALEGO DE BTT-MARATÓN”

Viveiro, 14 de outubro de 2021. O Concello de Viveiro presentou hoxe a carreira “ViveiroBike Xtreme” que terá lugar este sábado 16 de outubro e será puntuable como Campionato Galego de BTT-Maratón deste ano 2021.
 
Esta proba deportiva estaba prevista para o domingo 17 de outubro, mais tendo en conta a manifestación en defensa de futuro industrial para A Mariña prevista para ese mesmo día, a organización decidiu adiantar a competición á xornada do sábado. 
 
A proba foi presentada esta mañá na casa do Concello, un acto que contou coa presenza da alcaldesa de Viveiro, María Loureiro; o concelleiro de Deportes, César Iglesias, e representantes da organización da proba. 
 
“Viveiro é xa un referente para albergar eventos ao aire libre. O noso municipio acolle probas que atraen a milleiros de deportistas durante todo o ano, dando a coñecer Viveiro e a súa riqueza natural”, subliña a alcaldesa, María Loureiro. 
 
Saúdos, 
Comunicación Concello de Viveiro
Uso de cookies
Utilizamos cookies propias y de terceros para mejorar nuestros servicios y mostrarle publicidad relacionada con sus preferencias mediante el análisis de sus hábitos de navegación. Si continúa navegando, consideramos que acepta su uso. Puede obtener más información, o bien conocer cómo cambiar la configuración, en nuestra Política de cookies

continuar