10
Xullo
VIXIANCIA NAS PRAIAS
A POLICÍA LOCAL DE VIVEIRO EFECTOU ESTA TARDE LABORES DE VIXIANCIA EN INFORMACIÓN NAS PRAIAS PARA O CUMPRIMENTO DAS RECOMENDACIÓNS SANITARIAS
Viveiro, 9 de xullo de 2020. O Concello de Viveiro informa que, coincidindo co primeiro día de bo tempo dende a entrada en vigor da Orde de Sanidade do 5 de xullo, esta tarde houbo labores de vixiancia e información por parte da Policía Local de Viveiro nas praias do municipio.
O axentes supervisaron o control do uso da mascarilla, que é obrigatorio excepto no momento do baño; o respecto á distancia interpersoal, tendo en conta que a superficie de praia a ocupar por cada usuario é de polo menos catro metros cadrados, e o cumprimento do límite máximo de dez persoas por grupo.
Así mesmo, os axentes da Policía Local realizaron labores informativas a través da megafonía das radiopatrullas.
Saúdos, Comunicación do Concello de Viveiro