
17
Setembro
VOLTA CICLISTA A GALICIA
O CONCELLO DE VIVEIRO ANUNCIA CORTES DE TRÁFICO ESTE SÁBADO DEBIDO Á VOLTA CICLISTA A GALICIA
Viveiro, 17 de setembro de 2021. O Concello de Viveiro informa sobre as restricións de cortes de tráfico con motivo da Volta Ciclista a Galicia en vías que transcorren polo termo municipal e que se levarán a cabo este sábado 18 de setembro, entre as 14:00 e as 15:30 aproximadamente.
Concretamente, os cortes de tráfico realizaranse nos tramos da LU-540 (estrada Muras-Viveiro), ao seu paso por Landrove, en dirección Chavín, a través da LU-161 (estrada Viveiro-O Valadouro).
Saúdos,
Comunicación Concello de Viveiro