X FORO DE PARTICIPACIÓN INFANTIL DO PARLAMENTO DE GALICIA

X FORO DE PARTICIPACIÓN INFANTIL DO PARLAMENTO DE GALICIA

BALANCE MOI POSITIVO DA ASISTENCIA E INTERVENCIÓN DO GRUPO DE PARTICIPACIÓN XUVENIL DE VIVEIRO NO X FORO DE PARTICIPACIÓN INFANTIL DO PARLAMENTO DE GALICIA

Viveiro, 15 de novembro de 2022

Sete rapazas e rapaces viveirenses viaxaron hoxe ata Santiago de Compostela, onde formaron parte da 10ª edición do Foro de Participación Infantil celebrado no Parlamento de Galicia. Acompañáronos a concelleira de Benestar Social, Victoria Bamonde, e a voceira do Consello Xuvenil de Viveiro, Lorena Mera.

Mera reivindicou ante representantes de todos os partidos políticos a necesidade de normalizar as problemáticas relacionadas coa saúde mental, destacando a necesidade de establecer unha presenza de especialistas psicolóxicos e clínicos adaptada á demanda, tanto nos Centros de Saúde, coma nos Centros Educativos.

“O Concello de Viveiro agradece publicamente a UNICEF a organización deste foro, que brinda ás rapazas e rapaces un espazo no que achegar as súas preocupacións e propostas. Finalmente, mencionar a participación de Lorena Mera, técnica de xuventude implicada neste proxecto e asistente ao encontro en Santiago", destaca Victoria Baamonde, Concelleira de Benestar Social de Viveiro.

 

Saúdos, comunicación do Concello de Viveiro

  • Máis fotografías

  • Uso de cookies
    Utilizamos cookies propias y de terceros para mejorar nuestros servicios y mostrarle publicidad relacionada con sus preferencias mediante el análisis de sus hábitos de navegación. Si continúa navegando, consideramos que acepta su uso. Puede obtener más información, o bien conocer cómo cambiar la configuración, en nuestra Política de cookies

    continuar