XIII MERCADO RENACENTISTA

XIII MERCADO RENACENTISTA

VIVEIRO CELEBRA O XIII MERCADO RENACENTISTA ESTA SEMANA CO TRADICIONAL DESEMBARCO DE CARLOS V

Viveiro, 6 de xullo de 2022. Viveiro celebra esta semana o XIII Mercado Renacentista, que comezará mañá, xoves 7 de xullo, e se estenderá ata o próximo domingo día 10.

 

Recuperamos esta cita tras dous anos de parón pola pandemia, pero cunha ampla oferta de actividades para todas as idades e gustos”, explica a alcaldesa de Viveiro, María Loureiro, quen subliña que a cita renacentista “é unha referencia tanto para a nosa cidadanía como para posicionar a vila turisticamente”.

 

O evento central do programa será o tradicional desembarco de Carlos V, que se celebrará o venres 8 de xullo ás 20:00 na Praia de Covas. Esta cita supón un elemento diferenciador do Mercado Renacentista de Viveiro respecto doutras recreacións históricas.

 

Entre os elementos máis vistosos do desembarco inclúense os tradicionais cabaleiros de Viveiro, os tambores da cofradía La Piedad e a actuación das bailarinas de Sala 5. Ademais, o evento contará cos habituais personaxes, como Carlos V, Juana la Loca, Isabel de Portugal, os membros dos catro liñaxes de familias de Viveiro, entre outras.

 

Tamén se ofrecerá un torneo de xustas tras a chegada de Carlos V á praia de Covas. Nesta parte, enfrontaranse dous cabaleiros e realizarase ademais un combate dentro dun círculo de lume.


A continuación, toda a comitiva encabezada por Carlos V desprazarase a Viveiro, onde o historiador Suso Martínez encarnará á personaxe que recibirá ao rei na porta de Carlos V. O desfile continuará cara á Praza Maior de Viveiro, onde actuará Bágoas da Terra, cun baile de cintas, e o músico David Bellas, interpretando unha peza renacentista coa gaita.

 

Dende o Concello de Viveiro agradecemos o esforzo de todas as persoas que se involucran na recreación do desembarco, tanto ós actores profesionais, como á cidadanía que se suma de forma amateur”, sinala a concelleira de Cultura, Lara Fernández Fernández-Noriega.

O programa do XII Mercado Renacentista complétase cunha ampla oferta de actividades musicais, actuacións, obradoiros, o campamento renacentista, atraccións infantís, arquería, entre outras propostas.

 

Saúdos,

Comunicación Concello de Viveiro

 

 

Programa

Portada

Día 7

Día 8

Dia 9

Dia10

Contraportada

 

 

 

 

Uso de cookies
Utilizamos cookies propias y de terceros para mejorar nuestros servicios y mostrarle publicidad relacionada con sus preferencias mediante el análisis de sus hábitos de navegación. Si continúa navegando, consideramos que acepta su uso. Puede obtener más información, o bien conocer cómo cambiar la configuración, en nuestra Política de cookies

continuar