XIII MERCADO RENANCENTISTA

XIII MERCADO RENANCENTISTA

O CONCELLO DE VIVEIRO DESTACA O ÉXITO DA CELEBRACIÓN DO XIII MERCADO RENANCENTISTA

Viveiro, 11 de xullo de 2022. O Concello de Viveiro realiza un balance moi positivo do XIII Mercado Renacentista, que se celebrou na localidade dende o pasado xoves e rematou onte, domingo 10 de xullo. A cita recuperouse tras dous anos de parón provocados pola pandemia, pero cunha ampla participación tanto por parte da cidadanía viveirense como dos visitantes nos catro días de celebración.

 

O Mercado Renacentista supón, tras o Resurrection Fest, un importante impulso para a economía de Viveiro, Esta 13ª edición mostra de novo unha cita consolidada, como un referente de ocio e turismo”, recalca a alcaldesa de Viveiro, María Loureiro.

 

Esta 13ª edición do mercado contou cun amplo programa de actividades e espectáculos con opcións para distintas idades, alén dos tradicionais postos do mercado. A cita estivo marcada polo desembarco de Carlos V, celebrado o pasado venres, e que supón un dos puntos diferenciadores desta festa de recreación histórica.


Dende o Concello de Viveiro agradécese a participación de todas as persoas que se achegaron á celebración, na súa maioría con traxes de época. Tamén traslada o seu agradecemento a todas as persoas e entidades involucradas na organización desta cita, cuxo esforzo permitiu un exitoso XIII Mercado Renancentista.

 

Saúdos,

Comunicación Concello de Viveiro 

  • Máis fotografías

  • Uso de cookies
    Utilizamos cookies propias y de terceros para mejorar nuestros servicios y mostrarle publicidad relacionada con sus preferencias mediante el análisis de sus hábitos de navegación. Si continúa navegando, consideramos que acepta su uso. Puede obtener más información, o bien conocer cómo cambiar la configuración, en nuestra Política de cookies

    continuar