XORNADA DE CIBERSEGURIDADE INDUSTRIAL

XORNADA DE CIBERSEGURIDADE INDUSTRIAL

O CONCELLO DE VIVEIRO ACOLLE UNHA XORNADA DE CIBERSEGURIDADE INDUSTRIAL DA OFICINA ACELERA PYME ASIME LUGO

Viveiro, 20 de outubro de 2023. O Concello de Viveiro acolle o vindeiro xoves día 26 de outubro unha xornada demostrativa de ciberseguridade industrial, organizada pola Oficina Acelera Pyme ASIME Provincia de Lugo en colaboración coa consultora tecnolóxica Inycom.

A xornada terá lugar no Coworking Viveiro, de 15:30 a 17:30. Nela ensinarase como actuar ante ciberataques e o emprego de diferentes ferramentas de ciberseguridade para protexer toda a xestión da empresa, determinando os seus posibles puntos débiles. Os asistentes aprenderán a protexer os equipos, evitar secuestros de datos e mellorar os sistemas antivirus, entre outras cousas.

Será totalmente gratuíta e terá un enfoque práctico, facendo uso dun simulador para amosar posibles vulnerabilidades e as súas correccións. Ademais, o evento adaptarase aos participantes e ás súas necesidades, puidendo tratar dende cuestións propias do día a día nunha PEME como é o caso dos virus recibidos por email ou USB, ata entornos industriais máis complexos.

Para participar será necesario inscribirse no enderezo de correo electrónico lugo@acelerapyme.asime.es, e se pode solicitar máis información no propio correo ou no número de teléfono 982 228 970.

A Oficina Acelera Pyme ASIME (Asociación de Industrias do Metal e Tecnoloxías Asociadas de Galicia) na provincia de Lugo forma parte da rede de oficinas Acelera Pyme, respaldada a nivel estatal por Red.es e o Ministerio de Asuntos Económicos e Transformación Dixital e financiada polos fondos NextGenerationEU da Unión Europa.

 

Saúdos, Comunicación Concello de Viveiro

 

Uso de cookies
Utilizamos cookies propias y de terceros para mejorar nuestros servicios y mostrarle publicidad relacionada con sus preferencias mediante el análisis de sus hábitos de navegación. Si continúa navegando, consideramos que acepta su uso. Puede obtener más información, o bien conocer cómo cambiar la configuración, en nuestra Política de cookies

continuar