XORNADA LOIS TOBIO. GALEGUISTA, TRADUTOR E XORNALISTA

XORNADA LOIS TOBIO. GALEGUISTA, TRADUTOR E XORNALISTA

O Concello de Viveiro colabora co Consello da Cultura Galega na organización da "Xornada Lois Tobío. Galeguista, tradutor e xornalista", que terá lugar o 26 de maio de 2018 no Teatro Pastor Díaz. Durante o desenvolvemento desta xornada realizarase unha achega á traxectoria vital deste intelectual viveirense analizando as súas distintas facetas, como galeguista, tradutor e xornalista.

PROGRAMA:

10:00 horas Inauguración

10:20 horas TOBÍO E O GALEGUISMO Modera: Marga Romero Emilio Xosé Ínsua, profesor e ensaísta Carlos Méixome, profesor de Ensino Secundario

11:20 horas Pausa

11:45 horas TOBÍO E A TRADUCIÓN Modera: Xulio Ríos, coordinador da Comisión deAcción Exterior do CCG Marga Romero, profesora no IES San Paio de Tui e escritora Montserrat Bascoy Lamelas, profesora na Universidade de Alcalá de Henares

12:30 horas TOBÍO E O XORNALISMO Modera: Montserrat Bascoy Xan Carballa, xornalista e editor Manuel Lombao, xornalista, ex-director da TVE en Galicia e dos Centros Territoriais de TVE

13:30 horas Clausura Ramón Villares, presidente do CCG

 

Para o Concello de Viveiro é unha honra acoller esta xornada, que se celebra coincidindo, este ano, co 15 aniversario do seu falecemento, entendendo que se trata dunha lembranza e recoñecemento por parte da súa vila natal e que servirá, así mesmo, para dar a coñecer a súa traxectoria vital e profesional.

 

María Loureiro García

Alcaldesa do Concello de Viveiro

 

INSCRICIÓN
A inscrición é gratuíta.
O número de prazas é limitado.
As prazas cubriranse por rigorosa orde de inscrición.
 
MÁIS INFORMACIÓN
www.consellodacultura.gal
difusion@consellodacultura.gal
Consulta os materiais en http://consellodacultura.gal/mediateca
 
 
Programa ............   
Uso de cookies
Utilizamos cookies propias y de terceros para mejorar nuestros servicios y mostrarle publicidad relacionada con sus preferencias mediante el análisis de sus hábitos de navegación. Si continúa navegando, consideramos que acepta su uso. Puede obtener más información, o bien conocer cómo cambiar la configuración, en nuestra Política de cookies

continuar