13
Novembro
XUNTOS POLO NADAL
PROGRAMA DE PROMOCIÓN DO ENVELLECEMENTO ACTIVO E CONVIVENCIA, "XUNTOS POLO NADAL
Destinado a persoas maiores de 60 anos, empadroadas nalgún concello galego que se atopen soas nestas datas, xa sexa por carencia de familiares, por perda do seu cónxuxe ou outras circunstancias.
Levarase a cabo entre o 23 de decembro do 2019 ata o día 7 de xaneiro de 2020 e incluirá aloxamento, réxime de pensión completa, actividades de animación sociocultural e desprazamentos
Prazo de presentación ata o día 15 de novembro incluído
Para máis información poden consultar a páxina web da Consellería de Política Social: https://politicasocial.xunta.gal/…/p…/xuntos-polo-nadal-2019 ou dirixirse a Consellería de Política Social, as Xefaturas Territoriais correspondentes e aos servizos sociais comunitarios dos concellos e os departamentos de servizos sociais de atención primaria e de atención especializada de saúde ou dos hospitais.