XV MARCHA MINAS DA SILVAROSA

XV MARCHA MINAS DA SILVAROSA

VIVEIRO ACOLLE ESTE SÁBADO A XV MARCHA ‘MINAS DA SILVAROSA’ CUNHA SUBIDA AO MONTE PINIDO

Viveiro, 6 de setembro de 2023. O Concello de Viveiro será este sábado, 9 de setembro, o escenario da XV Marcha ‘Minas da Silvarosa’, unha proba que partirá ás 17:00 horas da praza do Concello e rematará no museo das minas, no monte Pinido.

Na presentación da marcha interviron esta mañá a alcaldesa, María Loureiro; a tenente de alcaldesa, Miriam Bermúdez, e Xosé Xesús Oca Ben, en representación da Asociación Cultural e Deportiva (ACD) Minas da Silvarosa, entidade organizadora coa colaboración do concello.

Tanto María Loureiro como Miriam Bermúdez puxeron en valor “a importancia dunha marcha que combina deporte e natureza”, ademais da lembranza dunhas minas nas que chegaron a traballar 500 mineiros.

Na presentación de hoxe, Oca Ben anunciou a disolución da Asociación Cultural e Deportiva (ACD) Minas da Silvarosa. Para máis información, pódese contactar con Xosé Xesús no 606 119846.

Saúdos, Comunicación Concello de Viveiro

 

  • Máis fotografías

  • Uso de cookies
    Utilizamos cookies propias y de terceros para mejorar nuestros servicios y mostrarle publicidad relacionada con sus preferencias mediante el análisis de sus hábitos de navegación. Si continúa navegando, consideramos que acepta su uso. Puede obtener más información, o bien conocer cómo cambiar la configuración, en nuestra Política de cookies

    continuar