XXIV CARREIRA POPULAR CONCELLO DE VIVEIRO

XXIV CARREIRA POPULAR CONCELLO DE VIVEIRO

VIVEIRO ACOLLE A “XXIV CARREIRA POPULAR CONCELLO DE VIVEIRO” O SÁBADO 30 DE DECEMBRO

Viveiro, 21 de decembro de 2023. A vila de Viveiro acolle o vindeiro sábado 30 de decembro a XXIV Carreira Popular Concello de Viveiro. A carreira San Silvestre está organizada polo Club Deportivo Egovarros e conta coa colaboración do Concello de Viveiro, así como da Deputación de Lugo e o Club Ciclista Viveiro.

A carreira tomará a saída na Praza Maior de Viveiro a partir das 16.00, para as categorías de menores, subdividida en A, de 0 a 7 anos; B, de 8 a 10; e C, de 11 a 13, cuxos participantes recibirán todos unha medalla. A saída da proba absoluta será ás 17.00, con premios para os tres primeiros homes e as tres primeiras mulleres. Tras a proba, haberá sorteo de agasallos.

“Dende o Concello de Viveiro apoiamos a celebración desta proba, unha forma deportiva de pechar o ano e que fomenta a participación de todas as idades”, sinala o concelleiro de Deportes, Eleazar Rodríguez, quen anima ás persoas participantes a vestir prendas de Nadal na proba.

As inscricións serán gratuítas para a categoría de menores, mentres que para a categoría absoluta, a cota de inscrición será de 5 euros a pagar polo sistema bizum ao teléfono 650930940. 

As inscricións tramitaranse realizando o pago e indicando os datos das persoas participantes ao e-mail a egovarros@gmail.com ata o día 28 de decembro de 2023. 

 

Saúdos,

Comunicación Concello de Viveiro

 

Uso de cookies
Utilizamos cookies propias y de terceros para mejorar nuestros servicios y mostrarle publicidad relacionada con sus preferencias mediante el análisis de sus hábitos de navegación. Si continúa navegando, consideramos que acepta su uso. Puede obtener más información, o bien conocer cómo cambiar la configuración, en nuestra Política de cookies

continuar