XXXIV MARCHA CICLOTURISTA CONCELLO DE VIVEIRO

XXXIV MARCHA CICLOTURISTA CONCELLO DE VIVEIRO

VIVEIRO SERÁ O ESCENARIO ESTE SÁBADO DA XXXIV MARCHA CICLOTURISTA CONCELLO DE VIVEIRO

Viveiro, 14 de setembro de 2022. Viveiro acolle este sábado, día 17 de setembro, a XXXIV Marcha Cicloturista Concello de Viveiro.

Trátase dunha proba non competitiva, que sairá da praza Maior ás 15.00 horas e finalizará no Monte San Roque, previsiblemente ás 19:00 horas.

A alcaldesa de Viveiro, María Loureiro, estivo esta tarde con membros da Peña Ciclista Lar Viveiro presentando a marcha.

É unha proba inscrita no Calendario Oficial da Federacion Galega de Ciclismo. Está prevista a asistencia duns 200 participantes, que deberán ser maiores de 16 anos.

Quero agradecer o traballo da peña Lar viveiro, organizando unha marcha que transcorre por estradas dos concellos de Viveiro, Xove, Cervo, O Valadouro e Ourol, combinando deporte e natureza”, explicou Loureiro.


 

Saúdos, Comunicación do Concello de Viveiro

 

Uso de cookies
Utilizamos cookies propias y de terceros para mejorar nuestros servicios y mostrarle publicidad relacionada con sus preferencias mediante el análisis de sus hábitos de navegación. Si continúa navegando, consideramos que acepta su uso. Puede obtener más información, o bien conocer cómo cambiar la configuración, en nuestra Política de cookies

continuar