ORIENTACIÓN LABORAL

ORIENTACIÓN LABORAL

O concello de Viveiro é Centro colaborador do Servizo Público de Emprego en materia de Orientación Laboral dende decembro de 2.005.

O Servizo Municipal de Orientación e Intermediación Laboral  ten como obxectivo o logro da inserción e/ou a mellora da empregabilidade dos/as usuarios/as e o apoio ao tecido empresarial na intermediación laboral e información de interese.

Orientación laboral

A figura do Orientador Laboral intenta ofrecer solucións individualizadas aos traballadores/as e ás persoas demandantes de emprego co obxectivo de intentar mellorar as súas capacidades e adaptar os perfís profesionais ás necesidades do mercado laboral, situar o individuo no ámbito laboral máis idóneo tendo en conta as súas características e o seu entorno.

Dende o Servizo Municipal de Orientación e Intermediación Laboral, prestase unha atención personalizada cunha atención individualizada, seguindo unha concepción teórica humanista que dende o respecto da autonomía da persoa e tendo en conta as súas necesidades lles poda servir para planificar dun xeito racional a procura de emprego e a toma decisións que lle axude a mellorar as súas expectativas de emprego.

 

Para intentar a mellora de expectativas de emprego dos nosos usuarios/as, realízanse diversas accións que nomeamos a continuación:

Actividades de Orientación Laboral

  • Sesións de activación para o emprego.
  • Titoría individualizada e Itinerarios Personalizados de Inserción.
  • Desenvolvemento dos aspectos persoais para a ocupación.
  • Apoio na Procura activa de emprego.
  • Información, promoción e divulgación da información de interese ( Ao través da xestión do taboleiro de anuncios e do blogue “empregoviveiro” , o facebook de Orientación Laboral, os portais da propia Consellería, ..
  • Información para o autoemprego.
  • Punto de información de todos os recursos dispoñíbeis  do Servizo Público de Emprego de Galicia, Servizo Emprego  Público  Estatal, Rede Eures..
  • Intermediación e prospección mercado laboral. (captación de ofertas, tanto directas como realizando unha recopilación de fontes secundarias (portais de emprego, boletíns oficiais, prensa...)

Servizos a empresas

  • Información  subvencións vixentes e sobre organismos de interese para  emprendedores e empresas.
  • Intermediación Laboral. Colaboración coas empresas  ofertando un servizo público de captación de ofertas  e preselección de candidatos/as que casen co perfil demandado.
  •  Blogue de divulgación informativa sobre as necesidades de persoal.

 

SITUACIÓN: Praza Maior, 1 - 27850 Viveiro.

CONTACTO PARA CITA PREVIA: Tfno: 982560128

Mail: orientacion.laboral@viveiro.es     Blogue de divulgación informativa: https://empregoviveiro.wordpress.com/

 

HORARIO ATENCIÓN AO PÚBLICO:

Usuarios derivados do Servizo Público de Emprego.: De luns a xoves de 9.00 a 14.00

Outros usuarios: Venres de 9:00 a 14:00

 


Uso de cookies
Utilizamos cookies propias y de terceros para mejorar nuestros servicios y mostrarle publicidad relacionada con sus preferencias mediante el análisis de sus hábitos de navegación. Si continúa navegando, consideramos que acepta su uso. Puede obtener más información, o bien conocer cómo cambiar la configuración, en nuestra Política de cookies

continuar