SAUDO DA ALCALDESA

SAUDO DA ALCALDESA

María Loureiro

 

Coincidindo co inicio dun novo mandato, o Concello de Viveiro presenta a súa nova páxina web. Unha fiestra aberta ao mundo nova e mellorada coa que se pretende establecer unha nova canle de comunicación entre a administración e o cidadán.

Nun momento dominado polas novas tecnoloxías, o Concello de Viveiro crea esta plataforma co obxectivo de informar, facilitar as relacións administrativas, fomentar o turismo, dotar a xestión municipal de claridade e transparencia… , en definitiva, de crear unha web moderna e eficaz que poida converterse nunha ferramenta de traballo dende distintos puntos de vista.

Ademais de utilizar a web municipal como un instrumento tecnolóxico de información e intersección cos veciños e veciñas, pretendemos que esta web sexa un reflexo do noso municipio, un escaparate na nosa riqueza cultural, histórica, monumental e natural, que debemos proxectar máis alá das nosas fronteiras fomentando Viveiro como municipio eminentemente turístico.

En definitiva, o obxectivo deste espazo é abrir as portas da casa do concello aos veciños e veciñas e mostrar Viveiro ao mundo.

 

Benvido á web municipal do Concello de Viveiro.

María Loureiro García

Alcaldesa do Concello de Viveiro

 

Uso de cookies
Utilizamos cookies propias y de terceros para mejorar nuestros servicios y mostrarle publicidad relacionada con sus preferencias mediante el análisis de sus hábitos de navegación. Si continúa navegando, consideramos que acepta su uso. Puede obtener más información, o bien conocer cómo cambiar la configuración, en nuestra Política de cookies

continuar