SERVIZOS SOCIAIS e INMIGRACIÓN
CONCELLEIRA DA AREA: VICTORIA BAAMONDE GOMEZ
Os SERVICIOS SOCIAIS do Concello de Viveiro, contan con:
1)- PERSONAL:
- Un director
- Tres traballadoras sociais
- Dúas auxiliares administrativas
- Unha educadora familiar
- Unha pedagoga
2) FUNCIONS OU ACTIVIDADES:
2.1- TRABALLO SOCIAL DE ZONA
Proxecto e información, orientación e asesoramento:
- Atención o usuaruo do servizo
- Información dos recursos
- Tramitación de prestacións económicas
- Tramitación de outro tipo de prestacións ( p.e. Cartilla Sanitaria para persoas sen recursos
- Valoración dos casos presentados
- Reunións cos distintos profesionais dos programas
- Contacto con outros Servizos Especializados
- Programación e avaliación dos Servizos Sociais Comunitarios
- Tramitación para o desenvolvemento da lei de dependencia
- Colaboración co Departamento de Inmigración/Emigración.
2.2- PROGRAMA DE FAMILIA E CONVIVENCIA
- Proxecto de Servizo de Axuda no Fogar
- Proxecto de Intervención Familiar
- Xantar na casa
- Teleasistencia
- Escola Infantil
2.3- PROGRAMA DE INSERCIÓN SOCIAL
- Proxecto Plan Nacional Xitano
- Talleres do Plan de Inclusión
- Colaboración con Cáritas no reparto de alimentos recollidos na Campaña do Nadal. Emerxencia social
- Colaboración Cáritas no roupeiro municipal
- Colaboración coa Fundación Pedro Barrié de la Maza
- Proxecto Transeúntes
- Proxectos Prevención de Drogodependencias
- Proxecto de axuda a escolarización
- Bolsa de Emprego Municipal. Axuda no Fogar
- Xestión do reparto de alimentos excedentes da U.E. en colaboración co banco de alimentos
- Axudas Emerxencia Social
2.4- PROGRAMA DE PARTICIPACIÓN SOCIAL
- Vacacións Inserso
- Actividades propias do centro e das parroquias adxacentes
- Relación, información e asesoramento as distintas asociacións do municipio
- Proxecto Voluntariado
- Proxecto Nadal. Taller de xoguetes
- Colaboración co CIM nas actividades e exposicións realizadas
- Apoio a menores con especiais dificultades de aprendizaxe
- Ocio e cultura en períodos no lectivos dirixido a menores usuarios de servizos sociais
- Programa Vacacións en Paz
- Colaboración asociación alzheimer de Viveiro
2-5- TRAMITACIÓN DE SUBVENCIONS
- Subvención do Centro de Información á Muller ó Servizo Galego de Igualdade
- Plan concertado de Servizos Sociais-Atención Primaria
- Axudas ós centros da primeira infancia dependentes das corporacións locais
- Proxecto fomento do emprego en cooperación cos concellos
- Plan Inclusión Social
- Xestión de presupostos transferencia do Centro de Servizos Sociais da Xunta
- Axuda no Fogar Deputación de Lugo
O Departamento de INMIGRACIÓN/EMIGRACIÓN del Concello de Viveiro cuenta con:
1 Licenciada Dereito e 2 Diplomadas Educación Social.
ACCIÓNS:
1.Asesoramento técnico Especializado a inmigrantes, emigrantes retornados e galegos no exterior:
- Orientación, asesoramento e seguimento de casos.
- Traducción e interpretación;
- Atención Xurídica- Legal, Social e Administrativa.
2. Taller Sociocomunitario:
- Achega dos recusos comunitarios a inmigrantes / emigrantes
3. Educación:
- Alfabetización galego e castelán para adultos.
- Reforzo e apoio educativo.
- Educación intercultural nos centros educativos
- Reforzo e ocio e tempo libre no verán.
- Habiliadades sociais e resolución de conflictos
4. Intervención Familiar:
- Familias inmigrantes con menores a cargo que se atopen cunha disfunción temporal ou crónica na dinámica familiar.
5. Laboral:
- Mediación Laboral de inmigrantes /emigrantes con empresarios
- Fomento do autoemprego.
6. Formación:
- Formación de inmigrantes / emigrantes.
7.Vivenda:
Mediación de aluguer:
- con inmigrantes/emigrantes
- con propietarios
- con inmobiliarias
8. Rede de Asociacionismo:
- Creación Asociacións de inmigrantes / emigrantes en Viveiro.
- Incorporación nas Asociacións existentes.
9. Muller:
- Conciliación de vida familiar e laboral.
- Talleres de formación e Búsqueda de emprego.
- Vítimas de redes de prostitución.
10. Campañas sesibilización e convivencia:
- Comunidade Galega no exterior.
- Galegos retornados.
- Inmigrantes.
- Poboación autóctona
11. Información e asesoramento sobre o retorno e Emigrantes Retornados.
12. Colaboración e coordinación con institucións e organismos
- Municipais, autonómica, estatais e outros organismos oficiais, entre eles os diferentes Consulados que se atopan en España como aqueles españois no exterior. Información e asesoramente ós vecinos de Vivero que realizan trámites no extranxeiro, ou que necesitan de mediación con institución internacionais.
12. Garderia
-
PROXECTO DE MELLORA DE EQUIPAMENTO DA ESCOLA INFANTIL 0-3 MUNICIPAL DE VIVEIRO
A Escola Infantil Municipal, pertencente ao concello de Viveiro, ten como obxectivo primordial a conciliación da vida laboral e persoal das familias e, ao mesmo tempo, tenta ofrecer unha ensinanza de calidade en canto a transmisión de valores e habilidades sociais.
OBXECTO XERAL DA ACTUACIÓN REALIZADA
Adecuación e mellora da Escola infantil a través da compra de equipamento, considerando que a calidade do mobiliario e dos recursos educativos así como a introdución das novas tecnoloxías son un factor básico de impulso da calidade da atención prestada.
ACTUACIÓN REALIZADA E INCIDENCIA NA MELLORA DA CALIDADE
Espazos.
A mellora dos espazos na escola ten en conta as necesidades dos nenos, e trata de ofrecer un servizo de calidade, tanto na atención como no desenvolvemento das nenas e nenos. Para iso acondicionouse unha das zonas de xogo, a piscina de bolas, con espuma goma eva para garantir unha maior seguridade aos nenos e nenas.
Recursos didácticos
Adquirindo os materiais que melloran o funcionamente da Escola, tanto a nivel tecnolóxico como a hora de equipar as aulas preténdese a consecución dos obxectivos propostos.
Os materiais adquiridos están pensados para poñer en práctica a perpectiva didáctica do noso equipo educativo e de sacar o maior partido dos nosos alumnos/as, respectando os tempos así como atendendo a etapa evolutiva na que se atopan
Así, mediante a compra de dispositivos (proxector, tv, altavoces, memoria externa…) trátase de integrar as novas tecnoloxías na aula.
Mediante a adquisición e mellora do equipamento e material didáctico e de xogo trátase de garantir e propiciar o desenvolvemento integral dos nenos/as, atendendo a distintos aspectos como o desenvolvemento físico, intelectual, afectivo e social, que é o principio xeral da Educación Infantil.
A adquisición de material didáctico realizouse aplicando a perspectiva de xénero, asegurando unha construción da personalidade de cada neno e nena libre de estereotipos. Favorecendo o acceso de todos os nenos e nenas a distintos tipos de xoguetes, sen distinción de xénero, estase traballando pola consecución dunha auténtica, real e efectiva Igualdade de xénero.
ORZAMENTO DA ACTUACIÓN:
-
Adquisición de equipamento e material didáctico…………………….. 5.110,58 €
-
Compra dispositivos novas tecnoloxías …………………………..…….. 1.409,58 €
O financiamento realizouse, na súa totalidade, a través da subvención outorgada pola Xunta de Galicia ao Concello de Viveiro en virtude da Orde do 23 de maio de 2017 pola que se regulan as bases que rexerán o procedemento de concesión de axudas para investimento na mellora das infraestruturas e equipamento das escolas infantís 0-3 e puntos de atención á infancia (PAI) dependentes das corporacións locais, e se convocan para o ano 2017 (cofinanciadas polo Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional no marco do programa operativo Feder Galicia 2014-2020)
-