CONCELLEIRO DA AREA XUVENTUDE: EMILIO VILLARMEA MÉNDEZ
Dende o departamento de Xuventude o que pretendemos e crear políticas que permitan una participación activa da mocidade no desenvolvemento social, económico, político e cultural de Viveiro e ofrecer un servizo de información e asesoramento cercano e personalizado para todos os mozos e mozas de Viveiro, en todos aqueles temas que lles interesan na súa vida cotiá: emprego, educación, bolsas e axudas, cultura, ocio, tempo libre, asociacionismo, vivenda, saúde...
O obxectivo principal é ofrecer un servizo de información e asesoramento cercano e personalizado para todos os mozos e mozas de Viveiro, en todos aqueles temas que lles interesan na súa vida cotiá: emprego, educación, bolsas e axudas, cultura, ocio, tempo libre, asociacionismo, vivenda, saúde...
A partir deste grande obxectivo podemos enumerar outros de tipo máis específico:
- Dinamizar a información, fortalecendo as comunicacións máis aló da consulta presencial, mediante o uso do correo electrónico e potenciado a asesoría vía redes sociais.
- Favorecer o acceso dos mozos a información especializada acorde coas súas demandas e necesidades en xeral, sobre temas como sexualidade, drogodependencias, violencia de xénero, etc.
- Ofrecer á mocidade de Viveiro un programa de ocupación saudable do tempo libre.
- Sensibilizar aos mozos e mozas na igualdade de xénero, na sostibilidade medioambiental e na diversidade cultural.
- Canalizar e potenciar as inquietudes dos mozos/as nas súas diversas manifestacións: cultural, artística, social, asociativa...
- Facer da igualdade de oportunidades no acceso á información e recursos unha realidade.
- Orientar e asesorar nos aspectos demandados relacionados cun desenvolvemento persoal e profesional axeitado.
- Ofrecer un servizo de tramitación de bolsas de estudo, matrícula en centros docentes, prácticas europeas... á mocidade de Viveiro
- Crear canles de comunicación e cooperación cos demais recursos existentes no municipio para a mocidade como os IES.
-
Apoiar ao estudantado universitario e de F.P con axudas ao transporte.
A oficina Municipal de Información Xuvenil atópase situada no primeiro andar do Concello de Viveiro, na Praza Maior.
O noso teléfono é 982560128.
O noso enderezo de Correo electrónico é: xuventudeviveiro@gmail.com
O noso facebook é: www.facebook.com/xuventude.viveiro